Actividade 31: Dúas maravillas
A primeira vista parece que o cerebro e o universo son dous conceptos pouco ou mellor dito nada parecidos, pero, un novo estudo afirma que comparten máis similitudes que diferenzas, por exemplo: o número de neuronas e galaxias parecido, a súas distribucións, morfoloxías,redes cósmicas de galaxias/ rede de células neuronales...(Como se o cerebro fose unha representación a pequena escala do universo) .
Ademáis das anteriores similitudes, tamén comparten diferenzas, unha claramente é a diferenza de tamaño.
A pesar disto, otra semejanza é que unha rede neuronal contén aproximadamente
69.000 millóns de neuronas; e os astrónomos estiman que o universo consta de 100.000 millóns de galaxias, o que supón un número moi parecido.
Outra semellanza é que dentro de ambos sistemas só o 30% está composto por neuronas/galaxias, o resto está formado por nodos que unen as neuronas e auga que actúa distribuíndo a materia no cerebro; en cambio no universo actúa a materia escura en lugar da auga.
A partir disto, levouse a cabo unha comparación entre a estrutura e distribución cerebral e a espacial, o resultado foi que comparten a escala 1 micrómetro a 0,1 milímetros a mesma progresión.(Tamén fixeron o mesmo coas medias de conexións neuronales /cósmicas, e os resultados volveron a ser moi similares).
O grao de similitude levou a pensar que ambos están rexidos por uns principios similares de dinámica de redes.
Isto impulsou a que se estuden novas técnicas para ambos campos, que permitirán unha mellor comprensión sobre como funcionan e como evolucionaron, para que se parezan tanto.
Comentarios
Publicar un comentario